We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Xigante verde

by Art Atak

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Esta vai pra Fran, peón forestal e Caroiano indiscutible.
Pra Nacho, veciño de Santa Mariña e coñecedor do territorio.
Pra a xente que vive na Illa de Couso.
E pra o compañeiro Emiliano, permanentemente autónomo.

Viva o Couto Mixto livre!
T.K. 2021

lyrics

hoxe soñei co xigante dos chícharos
taba enriba dun outeiro cun chapeu negro
levantando un valado á altura do peito
e viñeronlle os putos ácratas dogmáticos
a preguntarlle que por qué queria levantar
outra fronteira
pobre homiño de sete parroquias
él só quería ceivar a súa freguesía
un anaco dun eirado liberado dentro dun valado
un outeiro livre sen estado
é coma o fulano caroiano que con quince anos
volta pra un recuncho xa deshabitado
e atopa que o puto lugar dos seus abuelos
xa non existe, alguén andivo nos planos
agora ta integrado no barrio do lado
aquel que estivo sempre cheiño de parvos
tirando de mapas descatalogados
o amiguiño foi recolocando os marcos
o letreiro metálico na entrada da pista
a entrada na wikipedia, a casola tá lista
artista, habitante, montañeiro invencible
xigantescos incendios
territorio invisible
como cruzar a fronteira para tomar un café
coma nadar nun regato ou pasalo a pé
coma mercar o café nunha tenda en melgaço
para traelo de volta e andar no contrabando
quen coñece o terruño sempre sabe agocharse
coñecendo os recunchos somos ingovernables
onde rematan os mapas algo agocha a paisaxe
o mapa non existe, a insurrección é un arte
coma espichar un letreiro a carón dun carreiro
sinalizando un lugar que o inventaches ti mesmo
poñer a miña bandeira nunha leira calquera
e sentar nunha cadeira ou deitarme na herba
quero que pase un reghato para meter os pés
e ficar acuático e vivir do revés
e mirar, e saber que lugar ao nadar faime ser
un exilidado mollado ou un cidadán
un canteiro migrante que sae de terra de montes
un miliciano salvaxe voltando a terra de montes
que vai polo itinerario que atravesa o país
polas pisadas dos corzos e mais do xabarís


no medio de xigantescos incendios
algúns territorios resultan invisibles

credits

released May 25, 2021

license

tags

about

Caracol Negro Vigo, Spain

Pequeno colectivo de culturiña punk. Faino ti mesma!

contact / help

Contact Caracol Negro

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Xigante verde, you may also like: