We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Anarqu​í​a s​í​!​/​Golpea!

by Giusseppe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Queremos facer da nosa vida unha ameaza. Adestrar a defensa contra un sistema que nos quere matar. Apañar mil paus e xuntar forzas para golpear. Coidar da nosa xente, facernos xigantes. Anarquía Sí!
2.
Golpea! 01:16
Unha montaña de ferro e cemento. Como unha pedra oprime teu peito. Unha fuxida en liña recta. Arden incendios que queiman por dentro. Golpea!

about

Gravadas no Liceo mutante, ameazado no momento desa gravación e no presente momento de publicación por un proxecto de especulación urbanística, encabezado polo arquitecto local S.P.P, punta de lanza dun intento xentrificador no barrio de Mollavao.

Nos últimos meses, S.P.P. denunciou reiteradamente á asociación usando a ferramenta da lei urbanística e xogando unha guerra sucia de acoso e desgaste contra o espazo e a xente que leva dándolle vida dende 2011.

Neste momento, o liceo mutante, unha organización popular titánica e máximo exponente da cultura autoxestionada desta vila, resiste e deféndese con dentes afiados e puño de ferro en contra deste ataque noxento dun especulador capitalista podre e baldío por dentro, rico en diñeiro mais pobre en ideais e en amor, pobre en espírito, escuro e brando como todos os enxendros da súa clase.

SPP pensa que pode gañar un pulso co seu braciño feble e codicioso contra 30000 brazos firmes e brillantes. Pobriño.

A túa derrota anda escrita nas pedras desta vila, SPP. O Liceo non morre, o Liceo quédase onde está.

credits

released December 27, 2021

A aperta máis grande de tódolos tempos ao noso amigo e compañeiro artístico, deportivo e político, J. Solla. Querémoste moitísimo.

license

tags

about

Caracol Negro Vigo, Spain

Pequeno colectivo de culturiña punk. Faino ti mesma!

contact / help

Contact Caracol Negro

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Anarquía sí!/Golpea!, you may also like: