teño no meu corazón, unha confederación
unha rede vexetal, imposible de arrincar
na miña casa, medran os fentos
brotan ideas, no monte negro
debaixo da nosa pel, hai millóns de corazóns
unha rede interior, unha espiral de amor
estas ideas son un rizoma
están debaixo dos teus pés
e non as podes pisar
fentos verdes entre as cinzas
fentos verdes embaixo do manto negro