We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Tempo libre

by Cibrán

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Ás veces preocúpome / por se fixen algo mal / ás veces fixéronme mal a min / pero agora xa dá igual. / O mal faise sen querer / o ben faise con paixón / o mal faise con preguiza / e cansáronnos. / Ás veces preocúpome / porque son un quedabén / e non sei se é dabondo / pra non facer dano a ninguén.
2.
Creo que non / estamos lonxe / e teño medo / de que o cheguemos a estar / e nos boten flores / que nos afoguen / pola gana de medrar. / Un peso / bonito / é un peso igual / que o de quen fai o caldo nas grandes capitais, e eu quero / Estar alegres / estar atentas / unhas ás outras / ás cousas lentas. / Saímos adiante / saímos fóra / poñemos plástico / ás nosas cousas / en aniversarios / para lembrarnos / das cousas que xa non son. / Queremos / ser vellos / ser vellos xuntos. / E darlle a terra / a quen a traballa / e a amizade / a quen a traballe.
3.
Sigo escoitando a mesma canción / sigo sentindo a mesma sensación / atrapada no meu reflexo. / Tal vez algún día sintamos dor / e necesitemos nova xente arredor / atrapada no seu reflexo. / Unha luz sobre nós / somos sombras xa / somos outras xa / non soubemos ser iguais / a nós mesmas na primeira vez / pero non nos cambiaría polas deste mes / atrapadas no teu reflexo. / Volve a sombra do meu afecto / atrapada no teu reflexo.
4.
A droga da xente feliz / a droga da xente triste / a droga da xente que quere máis. / Eu son unha flor normal / non teño medo de murchar. / Eu son bonita en conxunto / coas miñas flores iguais / sei que se me prendo lume / arden tamén as demais / e son unha flor normal / non teño medo de murchar. / Nunca quixen vivir nun vaso de auga.
5.
Ola / son un profesor / que non sabe demasiado / levo unha lección / de vantaxe ao alumnado / e está ben saber case o mesmo ca eles. / Todos entregaron a mesma idea / e había algo bonito niso: na ansia de non ser distintos. / Quero ser exactamente igual aos demais. / Quero ver as noticias no mesmo telexornal. / Quero vivir no mesmo mundo. / Quero vivir no mesmo mundo e non nunha liña de tempo. / Quero parecerme ao mundo e non á miña liña de tempo. / Palmas ás oito da tarde: o ritmo do país. / Non é o que a min me gusta, mais é o ritmo do país / Podo tocalo eu e tamén podes tocalo ti, e a túa avoa aos bongos. / Estamos facendo o mesmo / estamos facendo o mesmo / ninguén nos está imaxinando. / Sempre teño a ansia de dicir algo, e non sempre teño algo que dicir: que ansia. / Abro a boca a ver se alguén se contaxia. / A vida despois do colapso. / Rompemos a tapa do váter / a merda seguíu onde estaba / entrounos o mar pola fiestra / e estivo ben. / O mar levounos onde non eramos quen. / Vin a Feijóo morrer / xa non hai presidente ao que odiar / gastamos o tempo en querer. / Ser amigas non ten que ver co mercado laboral. / Sentirse ben non pode ter que ver co mercado laboral. / Canto esta canción ao acabar de traballar. / Está ben. / A vida nos últimos meses / as cousas perdendo o seu nome. / Está ben.
6.
Por gañar a vida estouna perdendo / por gañar a vida estouna perdendo / quero a máis xente da que teño tempo a coidar / e gasto o meu tempo no choio ou indo choiar. / Eu realmente non teño ningunha ambición. / Eu non teño case ningunha ambición: / só que non leven toda a miña enerxía / e ao final do día cantar algunha canción. / Esta canción mercouna unha corporación / todo o que eu son mercouno unha corporación / non hai vida máis triste que a do comprador / non hai vida máis triste que a do vendedor. / É mellor non vendernos, mellor non comprarnos.

credits

released April 17, 2020

Gravado nas Fraguas pero nun piso, entre finais de marzo e comezos de abril co que había a man.

A portada é de Meri.

En “Ás veces preocúpome” hai saxos de Sara Iglesias (collidos da gravación de “Dinamita” de Zara nun ensaio) e unha nota do solo de Archie Shepp en “Giant Steps”, que está en The Long March (Max Roach & Archie Shepp, 1979). Tamén se escoita a Teo e Toni Colombo na mesma gravación de Zara.

En “Amigas de lonxe” hai ideas collidas dos fanzines Florilège de María Villamarín e Android 9.0 a los corintios de Camila Viéitez e da idea de Choche de falar de “la España rellenada”. Os sons de batería tirados de “She’s lost control” de Joy Division, de “Snare Samples Pack #1”, de Innkeeper Studio Backing Tracks e de golpes cun bolígrafo contra un flexo.

“No teu reflexo” é unha versión de “Cast a Shadow” de Beat Happening (que estaba no disco ‘Black Candy’, 1989). A versión en galego é de Zara. Os coros son de Meri.

En “Unha flor normal” os sons de caixa están tirados de “Snare Samples Pack #1”, de Innkeeper Studio Backing Tracks. O resto da batería son golpes contra un cartón, unha taza e un flexo.

En “Os últimos meses” hai ideas das palabras que xuntou Adán para as cancións de Bloque. Tamén saxos de Archie Shepp en “Giant Steps”, que está en ‘The Long March’ (Max Roach & Archie Shepp, 1979) e de Fela Kuti en “Gentleman”, que está en ‘Gentleman’ (Fela Ransome-Kuti & the Africa 70, 1973).

En “Por gañar a vida” a primeira frase da letra é de “Por ganarme la vida” de Los Hermanos Cubero. As voces do final son de Xiana, Nuria, Berio e Elba.

license

tags

about

Caracol Negro Vigo, Spain

Pequeno colectivo de culturiña punk. Faino ti mesma!

contact / help

Contact Caracol Negro

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Tempo libre, you may also like: